miércoles, 4 de noviembre de 2015

Modelo de solicitidude


A Limpiezas Azul (http://www.limpiezasazulvigo.com/):

A quen corresponda:



A través deste e-mail, nós, un grupo de alumnos e alumnas do colexio Salesianos de Vigo, queremos contactar con vós para realizar unha visita ás suas instalacións.


Queremos concertar a entrevista para poder realizar un proxecto que estamos a desenvolver nas asignaturas de Ciencias Sociais e Lingua Galega, chamado Vigo Sustentable, no que visitamos e estudamos as empresas da nosa cidade que desenvolven un sistema produtivo sustentable ou que responden a unha ou máis das seguintes características: química verde, comercio xusto, consumo consciente, produción de ciclo pechado, economías locais vivas, enerxías renovables, reciclaxe,..


Escollemos a vosa empresa polo voso compromiso na investigación en métodos, sistemas e materias que non dañen o medio ambiente e porque interesaríanos poder recadar máis información sobre o voso traballo e para coñecer máis sobre Limpiezas Azul, os seus inicios e a súa traxectoria profesional; para así poder completar o noso proxecto.

Por todo iso, gustaríanos concertar unha entrevista con algun dos empleados ou responsables da empresa que coñezan o funcionamento e a historia da mesma

No hay comentarios:

Publicar un comentario